HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Parque da Amizade transfronteirizo de Tomiño-Cerveira, de presentación oficial este sábado

O Parque da Amizade transfronteirizo de Tomiño-Cerveira, de presentación oficial este sábado

- Anuncio -spot_img

Ao acto asistirán, ademais das autoridades provinciais, a ministra de Coesão e a secretaria de estado para a Valorización do Interior de Portugal, o vicepresidente da Xunta e varios directores xerais

Proxectarase un vídeo cunha realidade virtual nunha pantalla xigante

O Parque da Amizade transfronteirizo de Tomiño-Cerveira presentarase oficialmente este sábado. Será nun acto que contará co respaldo da a presidenta e o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Carmela Silva e Uxío Benítez, así como da Ministra da Coesão do goberno portugués Ana Abrunhosa; o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N), Antonio Cunha; vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; e que estará conducido pola alcaldesa de Tomiño Sandra González e o presidente de Cerveira Fernando Nogueira.

As autoridades da parte portuguesa chegarán ao auditorio da Fortaleza de Goián, xusto á beira do río, en barco dende a parte lusa para, ás 12.15 horas, comezar a presentación. No evento incluirase a proxección nunha pantalla de grandes dimensións dun vídeo ilustrativo dos obxectivos do parque que contén imaxes de realidade virtual de como será a nova ponte peonil e ciclable que permitirá que o parque transfronteirizo sexa unha realidade.

Tanto o proxecto do parque como o da ponte contan con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O acto será retransmitido en streaming a través da web e do Twitter da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas