Luis Menor felicitou aos integrantes do Club Ourense Volei Praia, aos xogadores Aarón Vidal, Víctor López e ao seu adestrador, Ále Prada, tralo seu histórico triunfo
Na recepción, na que tamén participou o asesor de Deportes da Deputación, Enrique Álvarez, Menor destacou o “orgullo” que supón para a provincia contar con deportistas “deste nivel” porque son “o mellor exemplo de talento, esforzo e traballo de base que se fai no deporte ourensán”
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos xogadores Aarón Vidal e Víctor López e ao seu adestrador, Álex Prada, membros do Club Ourense Volei Praia, tras coroarse como os campións de España coa selección galega sub-21.
Na recepción, na que tamén participou o asesor de Deportes da Deputación, Enrique Álvarez, o presidente da Deputación destacou o “orgullo” que supón para a provincia contar con deportistas “deste nivel” porque son “o mellor exemplo de talento, esforzo e traballo de base que se fai no deporte ourensán”.
Neste sentido, o presidente provincial agradeceu ao Club o traballo que están a realizar levando o nome de Ourense ao máis alto do podio estatal demostrando que na “nosa provincia hai presente e, sobre todo, moito futuro”.
O combinado autonómico acadou o título estatal no campionato nacional celebrado na praia de Las Canteras (Gran Canaria) entre o 17 e o 19 de xullo.
Con este logro a nivel estatal, o Club Ourense Volei Praia ratifica o enorme traballo que vén realizando coa súa canteira, situando á provincia na primeira liña do volei praia nacional. Mostra dese compromiso é que os xogadores xa teñen a vista posta no seu vindeiro obxectivo: o Campionato de España de Clubs, que se disputará en Lorca do 21 ao 23 de agosto. O presidente desexoulles a maior das sortes para esta cita, reiterando o compromiso da Deputación de seguir apoiando ao deporte ourensán.

