A primeira noite actuará D’Lider e Ritmo e o segundo Dúo BL Pop e a Orquesta Compostela
O Concello de Nigrán celebra a tradicional festa de San Fiz, patrón do municipio, esta noite do venres e sábado no torreiro do Ceán con verbena a partir das 21:00 horas a cargo de D´Lider e Ritmo o primeiro día e Dúo BL Pop e Orquesta Compostela o segundo. Ademáis, o sábado, o propio día de San Fiz, como é tradición, a Banda de Música do Val Miñor dará un pequeno concerto na Praza do Concello ás 11:00 horas para, a continuación, trasladarse ao Ceán, onde a Coral Novos Aires de Nigrán cantará na Misa Maior das 12:00 horas e, tras a procesión, a banda de música volverá a ofrecer un concerto mentras os asistentes poden degustar o tradicional polvo (ademais, no torreiro haberá cantina).
Esta festa a organiza directamente o Concello de Nigrán con financiación a conta da liña 2 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

