A Escola de Atopia 2026 do Complexo Hospitalario Universitario Pontevedrés ofrecerá ás familias claves prácticas para o manexo da dermatite atópica

Redacción
Screenshot
  • Un obradoiro abordará os coidados básicos da pel, o manexo de gromos e a resolución de dúbidas con profesionais sanitarios
  • Esta actividade celebraráse o vindeiro 14 de setembro no salón de actos do Hospital Montecelo de Pontevedra con motivo do Día Internacional da Dermatite Atópica

O Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra organiza unha nova edición da iniciativa Escola de Atopia 2026, un obradoiro práctico e participativo dirixido a nenos con dermatite atópica e ás súas familias con motivo do Día Internacional desta doenza.

A xornada terá lugar o vindeiro luns 14 de setembro de 2026 ás 17:30 horas no salón de actos do do Hospital Montecelo. Durante a devandita sesión, os profesionais sanitarios ofrecerán ás nenas e nenos con dermatite atópica e aos seus familiares ou coidadores habituais pautas sobre coidados básicos do pel, o uso correcto de cremas e tratamentos, consellos para prever e xestionar os gromos no día a día e resolverán as dúbidas dos asistentes.

Impartida por profesionais dos servizos de Dermatoloxía e Pediatría, nesta actividade participarán de media entre doce e quince familias e se centrará na orixe da dermatite atópica, o xeito no que se manifesta e coma se avalía a súa gravidade. Así mesmo, tamén faráse fincapé nas medidas de prevención e nos tratamentos e coidados da pel.

Inscrición previa de balde

A participación é totalmente gratuíta, aínda que require inscrición previa enviando un correo electrónico ao Mail escuela.atopia.pontevedra@gmail.com. Na mensaxe débense incluír os datos do titor legal, o nome do neno ou nena e a súa data de nacemento.

Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Biomédica Galicia Sur e a Pierre Fabre Eczema Foundation, co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida dos pacientes pedagóxicos e das súas familias.

Segundo sinala a xefe de servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, a doutora Laura Salgado “desde o noso servizo promovemos actividades de educación sanitaria, humanización e promoción da saúde porque entendemos que o tratamento das enfermidades da pel vai máis alá da prescrición dun medicamento. A Escola de Atopía ofrece ás familias ferramentas prácticas para comprender mellor a enfermidade, afrontar con maior seguridade os brotes e mellorar a calidade de vida dos nenos e das súas familias. Ademais, estes encontros favorecen o intercambio de experiencias e reforzan a relación entre pacientes, familias e profesionais sanitarios.”

Comparte este artigo