A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamento o operativo asistencial planificado durante a pasada LXXIV Festa do Albariño de Cambados

Redacción

–              Durante as tres principais xornadas deste evento, este dispositivo asumiu unha actividade de 402 asistencias sanitarias -117 o pasado venres 31 de xullo, 143 atencións o sábado 1 de agosto e 142 onte domingo 2 de agosto- que cursaron boa evolución

–              Consolidouse a coordinación co Consistorio cambadés para acadar un satisfactorio desenvolvemento asistencial e de seguridade deste relevante evento festivo anual

A Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés valora positivamente o operativo asistencial planificado en Cambados durante a celebración durante as pasadas datas da LXXIV edición da Festa do Albariño, que acadou durante as tres principais xornadas deste evento unha actividade de 402 asistencias sanitarias -117 o pasado venres 31 de xullo, 143 atencións o sábado 1 de agosto e 142 onte domingo 2 de agosto- que cursaron boa evolución.

Neste senso, cómpre lembrar que o Servizo Galego de Saúde traballou en coordinación co Consistorio cambadés na organización dun dispositivo que contou cun posto sanitario avanzado, dotado con dotación de ambulancias, persoal médico e demais profesionais sanitarios que deron resposta inmediata ás incidencias.

Así mesmo, a Área Sanitaria reforzou o Punto de Atención Continuada do centro de saúde de Cambados desde o pasado venres 31 e durante toda a fin de semana cun terceiro equipo, en previsión das incidencias de maior alcance que tiveran que ser atendidas nos centros sanitarios habituais.

De xeito complementario, reforzáronse tamén as urxencias do Hospital Público de O Salnés, servizo que atendeu durante o pasado venres 31 de xullo a 135 pacientes, mentres que o sábado 1 de agosto asumiu 139 asistencias e onte, domingo 2 de agosto, un total de 170 urxencias.

Colaboración conxunta e satisfactorio desenvolvemento

Consolidouse desde xeito a colaboración conxunta da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e do Concello de Cambados para acadar un satisfactorio desenvolvemento asistencial e de seguridade deste relevante evento festivo anual, que cada edición consolida a súa referencia turística, gastronómica, cultural e lúdica tanto a nivel autonómico, coma nacional e internacional.

Comparte este artigo