Escola Oficial de Idiomas (Sección de Nigrán) con respecto ás datas de matrícula

Redacción
  • matrícula nas prazas vacantes da Sección de Nigrán estará aberta desde o día 3 de agosto ata o 18 de setembro. Pode completarse a través da nosa páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/ 
  • Ofertamos cursos ordinarios de francés (A1-A2, B1 e B2) e inglés todos os niveles (A1-C2). Tamén dispoñemos dos seguintes cursos monográficos (sen exames):
    • Curso monográfico  de inglés A2-B1
    • Curso monográfico  de inglés B2
    • Curso monográfico  de inglés C1-C2
  • O novo alumnado que non saiba en que nivel se debe matricular pode apuntarse ás probas de clasificación ata o día 4 de setembro. As probas realizaranse na Sede Central da EOI en Vigo o 9 de setembro (francés) e 10 de setembro (inglés) ás 4 da tarde en ámbolos dous casos. 

Poden contactar coa Xefatura de Estudos da Sección para resolver calquera dúbida no seguinte correo electrónico: eoi.vigo.nigran@edu.xunta.gal

Comparte este artigo