Concerto de Mercedes Peón

Redacción

Última actuación do Programa “En Barbadás o Verán é Cultura” e para elo contamos co Concerto de Mercedes Peón que nos presenta o álbum “Déixaas”, será este xoves 27 de Agosto ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá.

Sinopse:

“Unha das artistas máis autenticamente orixinais da escena musical española”
O álbum Deixaas é un esforzo intenso que testimonia a súa apertura de espírito, a súa constancia no traballo, e tamén a súa valentía e a súa vontade inquebrantable”.
Deixaas é case un traballo de laboratorio sonoro. Unha experiencia que mestura pandeireta, sintetizadores, piano, voz, saxo e sonidos reais da construción do naval na procura de volúmenes sonoros que deixen espacios onde entrelazar melodías e composicións. Acolle tamén un diálogo sonoro entre a voz lírica levada a extremos e a voz cruda do cante popular.
O resultado é unha proposta poliédrica e minuciosa, profundamente política e emocional, que agocha, en cada un dos seus once temas, en cada compás, catro anos de intenso labor ao que Mercedes Peón suma todo o seu coñecemento e experiencia.
A creadora acompáñase sobre o escenario de Ana Fernández e Mónica de Nut rompendo as formacións clásicas de liderado e acompañamento, para ofrecer unha experiencia artística sobrecolledora e accesible para o público, na que todos os elementos que distinguen a obra da compositora conflúen maxistralmente con linguaxes sonoras e estéticas totalmente persoais e inconfundibles.

Día: Xoves 27 de Agosto.
Hora: Ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos | A Valenzá.
Evento: Música.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Comparte este artigo