O Concello reabrirá ao tráfico o cruzamento das rúas Bedoya, San Lázaro e Santo Domingo o vindeiro luns a partir das 11.00 h

Redacción

O Concello de Ourense informa de que o vindeiro luns, 7 de setembro, a partir das 11.00 horas, reabrirase ao tráfico a intersección das rúas Bedoya, Parque de San Lázaro e Santo Domingo, tras a execución das tarefas de mantemento e reparación do firme.

A intervención, executada pola empresa Oreco Balgón SA, consistiu principalmente na reposición e fixación de varias pedras que se soltaran, co obxectivo de garantir a seguridade viaria.

Estes traballos de mantemento derívanse do proxecto de pavimentación en pedra e renovación da rede de servizos no Parque de San Lázaro, Xaquín Lorenzo, Bedoya (ata Valle Inclán) e Cardenal Quevedo (ata a avenida da Habana). Ao atoparse a obra inicial aínda en período de garantía, a propia empresa adxudicataria encargouse de realizar a reparación.

Comparte este artigo