A Xunta de Goberno ordena executar  a resolución do Tacgal sobre a adxudicación do servizo de transporte urbano

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou esta mañá nunha sesión extraordinaria e urxente tersepor informada da resolución ditada polo Tribunal Administrativo de contratos públicos de Galicia (Tacgal) que, estimando parcialmente os recursos presentados, anula o acordo de adxudicación do servizo de transporte publico colectivo urbano adoptado para as anualidades 2026 a 2031.

A Xunta de Goberno Local acorda ordenar a execución desta resolución e, en consecuencia, retrotraer o procedemento e dar traslado do contido do acordo á mesa de contratación constituída para a licitación, coa fin de que realice as actuacións necesarias para a súa debida execución, resolvendo as cuestións que na resolución do Tribunal se suscitan.

Comparte este artigo