Home A Coruña A convocatoria de axudas ás ARI Municipais prevé este ano un orzamento...

A convocatoria de axudas ás ARI Municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas en Ferrolterra

- Anuncio -

― Trenor salientou que o DOG publicou a resolución para que os 3 concellos da comarca de Ferrolterra, Ferrol, Mugardos e Neda poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas seis áreas declaradas nesta zona

― As ARI declaradas nesta comarca son Recimil, barrio histórico da Magdalena-Ferrol Vello, Esteiro Vello e A Graña na cidade de Ferrol, o núcleo de Mugardos O Seixo e o conxunto histórico de Neda

― O delegado da Xunta lamentou que a Xunta leve catro meses esperando por seis licencias para levar a cabo a rehabilitación de edificios dentro do Plan Rexurbe

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor informou que xa está a aberta a unha nova convocatoria de axudas ás áreas de rehabilitación integral (ARI), que este ano prevé un orzamento de ata 10,2 millóns de euros.

O Diario Oficial de Galicia publicou as bases para participar no programa de rexeneración e renovación urbana e rural, que ten unha contía de 5,4 millóns de euros, un orzamento que poderá ampliarse en 4,8 millóns de euros máis, se se rexistran solicitudes por parte dos concellos que superen o crédito inicial. Así o informou Gonzalo Trenor, durante unha visita esta mañá á área de rehabilitación integral de de Ferrol Vello.

Nese sentido, o delegado animou aos 3 concellos que teñen unha área declarada na comarca, Ferrol, Mugardos e Neda, a participar e presentar proxectos para a rehabilitación de inmobles nas seis zonas que están asignadas nesta área. Na comarca de Ferrolterra as zonas declaradas ARI son Recimil, barrio histórico da Magdalena-Ferrol Vello, Esteiro Vello e A Graña na cidade de Ferrol, o núcleo de Mugardos O Seixo e o conxunto histórico de Neda

O importe máximo da axuda que poden percibir os propietarios é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento, aínda que poderá chegar ao 85% no caso de persoas con ingresos inferiores a tres veces o IPREM e tamén cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 años.

Trenor recalcou que son axudas compatibles coas do programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes convocadas polo IGVS.

Ademais, os concellos poderán recibir tamén subvencións para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, sempre supeditadas á rehabilitación dos inmobles e cun importe de ata 2.000 euros por cada un recuperado. E a isto hai que sumar que a Administración local recibirá financiamento para a oficina municipal de rehabilitación —1.500 € por vivenda—.

Así, Trenor indicou que o obxectivo da Xunta é executar o 100% do orzamento que prevé a nova convocatoria, polo que invitou aos concellos a divulgar este programa entre os posibles beneficiarios, os veciños das ARI. As solicitudes poderanse presentar ata o 17 de xullo.

A Administración autonómica, segundo destacou, vén facendo nos últimos anos un importante esforzo en materia de rehabilitación. Cómpre lembrar que desde a posta en marcha deste programa xa se mobilizaron 185 millóns de euros para recuperar ao redor de 18.500 vivendas.

A isto hai que sumar o importe destinado ás oficinas de rehabilitación, que nos últimos catro anos recibiron 5,14 millóns e onde traballan máis de 120 persoas.

Rexurbe
O delegado da Xunta aproveitou a visita para lembrar o importante esforzo que está realizando a Xunta de Galicia para a recuperación de edificios no casco histórico de Ferrol. Neste senso, lembrou que a través do Plan Rexurbe o Goberno galego conta xa con 19 propiedades que están en diferentes fases de rehabilitación.

Trenor destacou que nestes momentos a Xunta está a espera de que o Concello de Ferrol conceda, desde o mes de marzo, seis licencias para iniciar actuacións de rehabilitación en seis edificios, dos cales en dous estaba previsto iniciar as obras este mesmo verán, pero se se seguen retrasando non poderemos cumprir estes prazos.

O delegado da Xunta insistiu en que o Goberno galego tamén está á espera de que o Concello solicite a declaración de área Rexurbe, despois de sete meses de anunciar a súa intención de adherirse a este programa que ten por obxectivo rexenerar espazos públicos e habilitar axudas para a rehabilitación nos espazos máis deteriorados.

Neste senso, o representante do Goberno galego recalcou que a vontade da Xunta é investir en Ferrol e recuperar o seu casco histórico pero sen a colaboración do Concello temos moi difícil acadar este obxectivo e fixo un chamamento ao alcalde para poñerse mans a obra e desbloquear estes temas de gran interese para a cidadanía.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Publicacións Relacionadas