Home Deputacións Deputación Ourense 180 pilotos de 26 países disputarán na contorna da estación de Manzaneda...

180 pilotos de 26 países disputarán na contorna da estación de Manzaneda o “Rally Hispania”

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos organizadores da III edición do Rally Hispania, os directivos do Motoclub A Peroxa Manuel Quintas, presidente, e Javier Quintas, con que analizou os detalles desta proba de resistencia, navegación e velocidade para motos de montaña e quads, que reunirá do 16 ao 23 de outubro na contorna da estación de montaña de Manzaneda a 180 pilotos de 26 países.

A proba, que conta co apoio económico da Deputación de Ourense, é o único rally internacional “Tour Terrain” en España e primeiro rally europeo con roadbook a color. Durante cinco días, os pilotos competirán ao longo de 1.500 quilómetros de percorrido para motos, quads e SSV. O obxectivo do evento é unir a beleza natural das paisaxes do oriente ourensán e da contorna da estación de Manzaneda cun dos deportes máis mediáticos do mundo, nunha proba intensa e para todos os niveis de pilotaxe, sendo un verdadeiro test para o obxectivo do Rally Dakar, afirman os organizadores.

Manuel Baltar destacou que a Deputación de Ourense, dentro dos proxectos de apoio á estación de montaña de Manzaneda, “considera importante o desenvolvemento de actividades que combinen o aspecto deportivo co turístico e o de natureza, contribuíndo a promocionar a estación e toda a súa contorna, favorecendo así a estratexia de desestacionalización”, afirma.

Relacionadas

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas