Os deputados do PP de Ourense denuncian que o Goberno socialista elude comprometer unha data para finalizar as obras do tramo Eirasvedras-Quintela do variante norte (A-56)

Redacción

● Cúmprense catro anos da colocación da primeira pedra dunha estrada de tan só 1,7 km de lonxitude e as obras singulares do tramo seguen sen empezar

Mañá mércores, 16 de setembro, cúmprense catro anos da colocación do fito conmemorativo do primeiro tramo do variante norte de Ourense, A-56, entre Eirasvedras e Quintela, acto oficial no que estivo presente a entón secretaria de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Beira.

As obras comezaran oficialmente o 17 de xuño de 2022 e foron adxudicadas polo MITMA o 9 de marzo de 2022 á UTE COPASA – Ferrovial por 29,3 millóns de euros. A duración do contrato era de 30 meses. Pero a realidade é que despois de enormes paralizacións houbo que esperar 28 meses, ata outubro de 2024, para ver as primeiras máquinas iniciando o movemento de terra.

No seu labor de control, os deputados ourensáns do Partido Popular no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, presentaron periodicamente iniciativas que tiñan como fin solicitar información sobre a execución deste proxecto e esixir o seu impulso. Neste sentido, en xuño pasado rexistraron no Congreso varias preguntas dirixidas ao Executivo:

Despois de tres anos e nove meses desde a colocación da primeira pedra do “Variante Norte de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 na súa p.k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa N-120 na súa p.k. 572,000, en que data estima o MITMS que concluirán as obras?

A data de resposta cal é a porcentaxe de execución das citadas obras?

A data de resposta a canto ascenden as sumas xa abonadas á UTE adxudicataria polas citadas obras?

Cando comezarán os traballos das obras singulares de contrato, o viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), a nova ponte sobre o Río do Porto e os dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo?

A resposta do Gobierno chegou o pasado 8 setembro, co seguinte contido: “As obras do tramo Eirasvedras – Quintela da circunvalación Norte da cidade de Ourense, correspondentes á autovía A-56 (Lugo-Ourense), atópanse actualmente en execución”.

VALORACIÓN DA RESPOSTA

A resposta do Gobierno foi, unha vez máis, evasiva: nin informou sobre a porcentaxe de execución das obras, nin sobre a suma abonada á UTE adxudicataria, nin cando comezarán as obras singulares do tramo, así como tampouco se o MITMS compromete unha data estimada para a conclusión das obras.

Os deputados do PP consideran que esta resposta é “un desprezo aos ourensáns, que teñen todo o dereito a coñecer o estado das obras que se pagan con cargo ao erario público”.

En definitiva, 48 meses despois da colocación da primeira pedra e 51 meses despois do inicio formal das obras, os traballos do citado tramo de tan só 1,7 km de lonxitude están a executarse pero non teñen visos de conclusión, excedendo en 21 meses o prazo contractual de execución.

Cabe lembrar que este tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril,

A todo isto hai que sumar a negativa do Gobierno a licitar as obras do segundo tramo do variante norte, pois o tramo Eirasvedras-Quintela non ten funcionalidade senón dáse continuidade ata A Casa.

Comparte este artigo