Home Deputacións Deputación Pontevedra Presentación XXXII Edición da Festa dos Oficios Artesáns

Presentación XXXII Edición da Festa dos Oficios Artesáns

- Anuncio -

A Festa dos Oficios Artesáns de Mondariz chega reivindicando a economía sostible e o patrimonio como ferramenta de futuro. O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación da XXXII Edición da Festa dos Oficios Artesáns´, que celebrarase os días 31 de xullo e 1 de agosto. A deputada de turismo, Ana Laura Iglesias; o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros; a concelleira de Cultura, Anxos Carballo; a presidenta de “Castromao”, Belén Boente, e o produtor cultural deEscéna Te´, Santiago Pérez, anunciaron esta cita patrimonial e presentaron o “tráiler” do documental “Cesteiros de Mondariz”, que pon en valor este oficio tradicional tan vinculado á vila.

Laura Iglesias animou a participar nesta nova edición que complementarase con unha gran variedade de actividades culturais a prol de non perder esta tradición e explicou que a Deputación colabora coa exposición “Tecendo a Natureza”, de Enrique Táboas. Subliñou tamén a importancia de apoiar a tradición e o patrimonio, “non como elementos do pasado, senón do futuro”. Finalmente, admitiu que séntese moi preto desta Festa pola súa vinculación familiar, dado que o seu avó era cesteiro.

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, incidiu no agradecemento á Deputación polo apoio ás actividades culturais dos concellos. Ao tempo, fixo unha chamada por manter e coidar a tradición da cestería no ámbito educativo, posto que “este é un oficio sostible dentro da economía circular” e lamentou que a formación nos oficios artesáns estean fóra da educación regrada e non estean recollidos nos módulos formativos da Formación Profesional. Isto, engadiu, supón un atranco nas posibilidades de desenvolver actividades ao redor destes oficios, o que acaba afectando á economía das familias e os pobos do rural.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Publicacións Relacionadas