O alcalde recibe os campións de España de xadrez Martín Gómez e Jimena Abad, do Club Xadrez Ourense

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello a Martín Gómez Carreño e Jimena Abad, que se proclamaron campións de España de xadrez 2026. Os dous deportistas do Club Xadrez Ourense obtiveron a primeira posición no torneo que se desenvolveu do 30 de agosto ata o día 4 de setembro na localidade de Hoznayo, en Cantabria. Martín Gómez logrou o título na categoría Sub2300 e Jimena Abad na de Sub1700. Ambos acudiron ao Concello acompañados de Elías González, presidente do equipo ourensán.

Durante a visita, o rexedor e o concelleiro felicitaron os deportistas por este grande éxito e desexáronlles moita sorte nos seus próximos retos.

Comparte este artigo