Home Pontevedra Máis dun millón douscentos mil euros para preto dun centenar de equipos...

Máis dun millón douscentos mil euros para preto dun centenar de equipos de Vigo e Pontevedra

- Anuncio -

― O plan comezou na tempada 2009/2010 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e 3,15 millóns de euros


― En setembro de 2021 aprobarase o Plan de Patrocinio correspondente á tempada 2021-2022 que será a edición que contará cun maior orzamento ata chegar aos 3,9 millóns

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa asinou na tarde de hoxe os contratos de patrocinio cos equipos das áreas de Vigo e Pontevedra participantes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego. O secretario xeral destacou a importancia do medio centenar de equipos de Vigo e a súa área e destacou que os equipos con presenza feminina (23 femininos e 3 mixtos) superan aos equipos masculinos (24). En total, os 50 equipos de alta competición reciben un total de preto 730.000 euros (729.162,12 euros), o importe máis alto das sete grandes cidades e que representa o 23% do orzamento de todo o plan. No caso da área de Pontevedra, os seus 43 equipos patrocinados (22 masculinos, 20 femininos e 1 mixto) representan ao 19% dos equipos patrocinados de todo o plan e levarán un total de máis de 515.000 euros (516.524,64 euros). No acto de Pontevedra tamén estivo presente o director de zona de ABANCA en Pontevedra, José Luis Ramírez Matos. No acto de Vigo participou o coordinador de negocio institucional de ABANCA en Vigo, Jose Luis Romero Quiroga.
Nas súas verbas, Lete Lasa apuntou a relevancia dun programa que comezou na tempada 2009/2010 con apenas 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns de euros e que foi medrando ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición (125 masculinos, 99 femininos e 7 mixtos) e os 3,15 millóns de euros de orzamento global. En total, nas súas doce edicións, o Plan de Patrocinio ten chegado xa a 1.617 equipos cun total de 33 millóns de euros, grazas á inestimable axuda de ABANCA, que grazas ao acordo acadado en 2020, seguirá colaborando co deporte galego de alto nivel ata o ano 2024, cunha achega total de 10 millóns de euros desde 2015. Do mesmo xeito, Lete Lasa agradeceu a colaboración de Turismo de Galicia coa que vén de asinar un convenio por importe de 2,5 millóns de euros para a promoción do deporte galego. Dese montante total, 1,8 millóns de euros estarán destinados ao Plan de Patrocinio Publicitario dos anos 2021 e 2022.
O secretario xeral anunciou tamén que por primeira vez desde a xénese do plan realizarase un cambio nos prazos para adecuar o devandito plan ao calendario de competición dos equipos galegos. Deste xeito, en setembro de 2021, aprobarase o Plan de Patrocinio correspondente á tempada 2021-2022 que será a edición que contará cun maior orzamento ata chegar aos 3,9 millóns de euros.
Un centenar de equipos da provincia de Pontevedra
Os 50 equipos de Vigo e a súa área patrocinados nesta edición 2021 son o Club Bosco Vigo Celta Zorka Recalvi, Seis do Nadal e o BB Porriño (baloncesto); Conservas Orbe BM Porriño, Mecalia Atlético Guardés, Asociación Deportiva Carballal, S.A.R. Rodavigo, CDC Lavadores Vigo, Rubensa BM Porriño, Frigoríficos del Morrazo-Club Balonmán Cangas e Acanor At. Novás (balonmán); Trasnos Béisbol Club (béisbol); Iberconsa AMFIV (baloncesto en cadeira de rodas); Sárdoma C. F., Club Deportivo Valladares, UD Mos, Coruxo F.C., RC Celta B, E.D. Val Miñor – Nigrán e o CD Choco (fútbol); Poio Pescamar FS e Bembrive Fútbol Sala (fútbol sala); Club Vigo Voleibol (voleibol); Illas Cies TM, Cinania TM e AD Vincios (tenis de mesa); Real Club Náutico Rodeira e Club Piragüismo Penedo (piragüismo caiac polo); Sociedad Deportiva Tirán (remo); Club Atletismo Femenino Celta e Real Club Celta de Atletismo (atletismo); Club Bádminton As Neves (bádminton); Club Bowling Celta (bolos); Club de Esgrima de Vigo El Olivo (esgrima); Club Halterofilia Vigo (feminino e masculino); Club Kayak Tudense feminino e masculino, Club de Mar Ría de Aldán – Hermanos Gandón feminino e masculino e Real Club Náutico Rodeira (piragüismo sprint); Vigo-Rías Baixas, Club Ciclista Vigués, Team Cycling Galicia, GSport – Velofutur e Louriña Cycling Team (ciclsimo); Club Deportivo Miño – Os Teixugos feminino e masculino e Club Piragüismo Penedo (piragüismo slalom) e Club de Lucha San Ignacio (loita libre olímpica).
Por outra banda, os 43 equipos de Pontevedra e a súa área patrocinados son o AD Cortegada, C.B. Arxil, Club Baloncesto Arxil B e o Marín Peixegalego (baloncesto); Asmubal Meaño, Club Cisne Balonmano, Sociedad Deportiva Teucro Pontevedra e Balonmán Lalín (balonmán); Atlético Arousana, Viajes Interrías Fútbol femenino, Umia C.F. e Pontevedra CF (fútbol); Marín Futsal (fútbol sala feminino); Pontevedra Rugby Club (rugby); tenis de mesa Monte Porreiro feminino e masculino, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Club Cambados Tenis de Mesa e Tenis de Mesa Monte Porreiro B (tenis de mesa); Sociedad Gimnástica de Pontevedra feminino e masculino; Club Bádminton Ravachol Pontevedra (bádminton); Club Escola Hungaresa de Esgrima (esgrima); Club Halterofilia Rías Baixas feminino e masculino (halterofilia); CMDC Breogán do Grove feminino e masculino, Club de Piragüismo As Torres Romaría Vikinga de Catoira feminino e masculino, Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Club Náutico Pontecesures feminino e masculino, Club Escola Piragüismo Poio feminino e masculino, Club Náutico O Muiño, Club Piragüismo C. P. Portonovo feminino e masculino, Club Piragüismo Vilaboa, Club Naval de Pontevedra, Club Piragüismo Verducido e Club Piragüismo Illa de Arousa (piragüismo sprint); así como o Club Ciclista Farto – Aguas do Paraño e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz (ciclismo).

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas