- A senadora Pepa Pardo e o deputado nacional, Pedro Puy denuncian o abandono sistemático do Executivo de Pedro Sánchez coa provincia de Pontevedra.
- Pepa Pardo califica de “propaganda dunha lexislatura esgotada” as declaracións do subdelegado do Goberno e denuncia o “abandono total” á cidade de Pontevedra.
- Pedro Puy afea que o Goberno central use escusas burocráticas para xustificar unha parálise que prexudica gravemente á competitividade e á mobilidade de toda a comarca.
O PP de Pontevedra volveu rexistrar unha batería de preguntas, tanto no Congreso como no Senado para esixir ao Goberno de España unha implicación “seria” coa provincia e coa cidade de Pontevedra, tras denunciar o “abandono total e absoluto” reflectido na parálise das obras de remodelación do enlace de Pontevedra Norte (Nó de Bombeiros) da AP-9, que acumulan xa máis de 22 meses detidas.
A senadora pontevedresa Pepa Pardo criticou duramente as recentes declaracións do subdelegado do Goberno en Pontevedra en medios locais, nas que o subdelegado afirma que o proxecto modificado está practicamente rematado e que o problema unicamente é que o Ministerio de Facenda debe de liberar o crédito orzamentario.
“Se o proxecto modificado non está terminado, como é posible saber o custo do mesmo e afirmar que o único problema é a liberación do crédito”, cuestionou Pardo. Para a senadora popular, as palabras do subdelegado non son máis que “a propaganda de sempre porque ven que a súa lexislatura está esgotada”.
“Cremos que o goberno de España debe de ter unha implicación seria coa provincia de Pontevedra coa cidade e neste caso o que está a demostrar é un abandono total e absoluto. Creo que o que fixo o subdelegado do goberno coas súas declaracións é o de sempre propaganda, propaganda porque ven que a súa lexislatuntevedra e coa cidade, e neste caso o que está a demostrar é un abandono total e absoluto”.
Prazos incumpridos e falta de peso político
Pola súa banda, o deputado nacional Pedro Puy sumouse ás críticas denunciando a falta de peso político do socialismo pontevedrés en Madrid. Puy sinalou que recorrer a un suposto bloqueo de Facenda é “unha escusa inaceptable que demostra a nula coordinación interna do Executivo de Pedro Sánchez”.
O deputado popular incidiu en que o Nó de Bombeiros é unha infraestrutura estratéxica para a cidade e o seu contorno. “Mentres o Goberno central se enreda en contradicións administrativas, os veciños e usuarios da AP-9 seguen sufrindo as consecuencias duns accesos provisionalmente paralizados que lastran o desenvolvemento económico local”, subliñou Puy.
Un historial de evasivas e atrasos
O Grupo Popular xa formulou preguntas por escrito en xaneiro de 2026 ante unha parálise que entón sumaba 14 meses. A resposta oficial do Ministerio, emitida o 23 de febreiro de 2026, limitouse a sinalar de forma vaga que “as obras poderán retomarse unha vez sexa aprobado devandito proxecto modificado”.
Sete meses despois daquela resposta, e superados xa os 22 meses de bloqueo total dos traballos, o PP esixe luz pública sobre as contradicións administrativas do Executivo.

