Home O Condado Mondariz O PP esixe que se repare de inmediato un enorme socavón que...

O PP esixe que se repare de inmediato un enorme socavón que pon en risco aos veciños e veciñas de Cernadelo, en Mondariz

- Anuncio -

• Domínguez pregunta a Carmela Silva se as estradas provinciais “niqueladas” ás que se refire son estas, nas que centos de usuarios teñen que sortear a diario, dende hai meses, un enorme buraco

O deputado provincial do Partido Popular, Miguel Domínguez, xunto á voceira do PP de Mondariz, Ana Corredoira, visitaron hoxe Mondariz para denunciar a situación das estradas que a Deputación de Pontevedra ten neste municipio e reclamar que, dunha vez por todas, se tomen medidas para garantir a seguridade viaria.

Hai meses, os populares estiveron en Mondariz para reclamar á Deputación, sen éxito, a mellora urxente da estrada que vai dende O Val ata Covelo. Hoxe o fan dende o lugar de Cernadelo onde un enorme socavón de dous metros de profundidade na EP-4306 pon en risco aos veciños e veciñas que cada día circulan por ese lugar.

“Este burato leva case un ano sen ser arranxado, poñendo en perigo a seguridade dos usuarios”, denuncia Domínguez, “O mal estado do firme, a falta de mantemento e socavóns como este, convirten estas estradas nunha verdadeira proba de obstáculos”. Lamentan os populares que a realidade de Carmela Silva e a dos veciños e veciñas do concello de Mondariz, e do groso dos concellos dos rurais da provincia, non coincida. “Este é o exemplo que di Carmela Silva de que as estradas provinciais están niqueladas?”, pregunta o deputado.

Na mesma liña, Corredoira convidou á presidenta da Deputación a visitar Mondariz e a desprazarse polas mesmas estradas polas que teñen que circular os veciños. “Convídoa a vir ata Mondariz e comprobar por si mesma como está o lugar de Cernadelo. Non podemos sair cos nenos, non podemos ir dar unha volta en bici… Isto é un auténtico perigo”, sinala a voceira, “Se non me entende como política, pídolle por favor que me entenda como nai e como avoa e que, de inmediato, solucione esta situación”.

A veciñanza de Mondariz leva anos reclamando que se acondicionen estes viais pero desde o Goberno provincial atoparon sempre o rexeitamento a levalas a cabo. Por iso dende o PP, adiantan que seguirán apoiando aos veciños, e presionando ao bipartito para que se acometan estas melloras.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas