Home A Coruña Viñetas desde o Atlántico recupera o seu carácter presencial nunha 24 edición...

Viñetas desde o Atlántico recupera o seu carácter presencial nunha 24 edición que ten por lema a “resiliencia”

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, destacou o apoio do Concello á creación e máis en concreto ao colectivo Coruña Gráfica de ilustradoras/es na presentación, con Miguelanxo Prado, da nova entrega

A alcaldesa, Inés Rey, presentou xunto co seu director Miguelanxo Prado, a 24 edición do salón Viñetas desde o Atlántico, qu incluirá unha completa programación do 9 ao 15 de agosto, e que incluirá a presenza de autoras e autores nacionais como Javier Olivares, Teresa Valero ou Raúl Allén e Patricia Martín. Nesta entrega, a rexedora destacou a importante representación feminina, unha premisa marcada desde os inicios. Subliñou tamén que o conxunto de convidadas/os son referentes nacionais nos distintos xéneros e subxéneros da banda deseñada: “Somos conscientes de que o éxito de Viñetas radica nunha fórmula que chega ao espectador avantaxado, que gusta desta arte e quere máis, pero, sobre todo, que lles toca ás persoas que non cultivan a historieta, pero que veñen mirar e nese ollar ao mundo do cómic, quedan”. Neste aspecto, Rey remarcou que “a nosa prioridade é seguir programando cultura” e apoiar as creadoras e creadores como as/os ilustradores do colectivo Coruña Gráfica, “un referente na nosa cidade á hora de lles poñer imaxes a moitos dos eventos que organizamos desde María Pita”.

Pola súa banda, Miguelanxo Prado sinalou que nesta edición non asistirán convidadas/os estranxeiras/os porque suporía un risco inasumible pola situación sociosanitaria actual, e tampouco haberá obradoiros infantís xa que “é un sector de poboación aínda sen vacinar e son actividades manuais”. Polo resto, o responsable do salón agarda que sexa unha edición completamente normal baixo un fío condutor como o da resiliencia, “estamos aquí e conseguimos sobrevivir” e pese que a criseafectou a moitas autoras e autores, “non descoidamos a visión panorámica deste festival e este ano Teresa Valero realizou un cartel moi indicado porque nos amosa clásicos, superheroes, historias máis sociais e cómic moderno a través de personaxes pintados na vela dun barco que se aproxima á Torre”.

Entre as/os protagonistas deste ano estarán Pepe Larraz, hoxe un referente no xénero dos superhéroes, e o Premio Nacional Javier Olivares, “un exemplo desta resiliencia, que comezou na revista ‘Madriz’ e foi construíndo un estilo propio”. De Teresa Valero, destacou a súa última obra “Contrapaso. Los hijos de los otros”, un libro “bofetada”, recoñecido pola crítica e o público. Jaime Martín virá á cidade para falar da triloxía que acaba de rematar sobre a Guerra Civil e a parella Fernando Llor e Miguel Porto compartirán a súa experiencia tras plasmaren en “Subnormal” o acoso escolar sufrido por Iñaki Zubizarreta: “Este tebeo confirma o éxito dunha importantísima vía que se abriu na Banda Deseñada como é a social”. Ademais, na Casa de Cultura Salvador de Madariaga, exporán a súa obra os dous últimos premios Castelao de Banda Deseñada 2020 da Deputación da Coruña, Begoña García-Alén e Andrés Magán. Por último, o director recordou que o ano que vén se cumprirán 25 anos de Viñetas, en que espera que “poidamos celebrar o obxectivo que conseguimos e que nos marcamos cando comezamos que é que a cidade pense o festival como parte das súas festas e da súa vida cultural”.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas