Os interesados poderán presentar a súa solicitude ata o 10 de outubro para incorporarse a esta iniciativa da Deputación de fomento da cultura entre a mocidade de todos os concellos ourensáns
Os establecementos comerciais da provincia que queiran participar na segunda campaña do Plan de Lectura Provincial da Deputación aínda están a tempo de presentar a súa solicitude ata o 10 de outubro. A institución provincial reafirma o seu compromiso co fomento da cultura destinando 350.000 euros a este programa destinado a financiar a adquisición de libros por parte de persoas menores de idade (nadas en 2008 en adiante) e empadroadas en concellos da provincia.
Tal e como recollen as bases do programa, co que colabora o Concello de Ourense, as adquisicións de libros realizarase desde o 15 de outubro ata o 18 de decembro de 2026, estando excluídos libros de texto e material escolar.
Esta iniciativa, que ten como finalidade potenciar os hábitos de lectura e o acceso á cultura deste sector de poboación, consiste en axudas para a adquisición dun libro por persoa cun custo máximo de 20 euros (IVE incluído), que poden solicitarse nos establecementos comerciais que se adheriron ao programa.
Así mesmo, cabe destacar que son compatibles con calquera outra que puidese percibir coa mesma finalidade doutras institucións públicas ou privadas. Para máis información poden consultar o Boletín Oficial da Provincia do día 23 de setembro.

