O Concello inicia unha campaña de renovación de firmes e asfaltado en sete zonas rurais cun investimento de 220.000 €

Redacción

As obras teñen como obxectivo mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e incrementar a seguridade viaria

O Concello de Ourense iniciará nos próximos días unha campaña de renovación de firmes e asfaltado en diferentes puntos do perímetro rural do municipio co obxectivo de mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e incrementar a seguridade viaria.

As actuacións, que contarán cun investimento de 220.000 euros, incluirán traballos de renovación e mellora do firme en diferentes rúas e estradas, atendendo ás necesidades detectadas nestas zonas. En concreto, os traballos desenvolveranse en:

  • Rúa Sánchez Arteaga
  • Rúa Ceibe
  • Rúa do Campo, en Vilar de Astrés
  • Valdolide
  • Bobadela
  • Estrada Vella de Sistís
  • Campo da Festa, en Quintela

Desde o Concello sinalan que estas actuacións forman parte do compromiso municipal coa mellora e conservación das infraestruturas viarias do rural, para dar resposta ás necesidades das parroquias e núcleos de poboación e contribuír a garantir a dispoñibilidade dunhas vías nas mellores condicións de uso. Os traballos comezarán nos próximos días e executaranse de maneira progresiva nas distintas zonas previstas.

Comparte este artigo