Baiona súmase ao proxecto de novas residencias de maiores da Xunta.
O 100% dos concellos seleccionados xa formalizou a súa adhesión a esta iniciativa, que prevé crear 25 centros e máis de 1.800 prazas en Galicia, polo menos o 60% de titularidade pública.
O Concello de Baiona xa trasladou á Xunta o seu compromiso de participar no proxecto e poñer ao dispor unha parcela municipal. As entidades locais teñen un ano para formalizar a cesión dos terreos.
O plan busca achegar recursos de atención ás persoas maiores e crear espazos de convivencia en grupos reducidos.

