Corte ao tráfico na estrada LU-P-2601, en Xove

Redacción

Informámosvos de que, dende o martes, 13 de outubro, e ata o venres, 16 de outubro, ambos incluídos, permanecerán cortados ao tráfico varios treitos da estrada provincial LU-P-2601 debido ao inicio dos traballos de aglomerado en quente nesta vía que comunica Xove co Portiño de Morás. Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

Os traballos están a ser executados pola empresa JOSE NO MANTIÑAN E HIJOS CONSTRUCCIONES, S.A. 

Comparte este artigo