A Xunta destaca a Festa dos Maiores de Portas como unha iniciativa que fomenta o envellecemento activo e saudable e a participación dos veciños

Redacción

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe á XXXIII Festa dos Maiores da localidade pontevedresa de Portas, na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández.

Perfecto Rodríguez destacou a importancia de iniciativas como esta, da que resaltou que xa é unha cita tradicional, para promover o envellecemento activo e saudable e fomentar a confraternización entre os veciños, en especial os de máis idade, e a súa participación.

Comparte este artigo