María José Gómez pon en valor o papel das cooperativas no desenvolvemento do sector agrario

Redacción

A conselleira do Medio Rural, María Jose Gómez, asistiu hoxe ao xantar de confraternización organizado pola cooperativa Horsal en Sanxenxo. Nela, puxo en valor o papel deste tipo de entidades no desenvolvemento do sector agrario, xa que contribúen positivamente na continua modernización deste eido e na súa progresiva adaptación a un mercado cada vez máis amplo.

A cooperativa Horsal dedícase á produción e comercialización de hortalizas galegas, entre as que destacan o pemento de Padrón, as xudías, a leituga, o repolo, os grelos, a cebola e o tomate, entre outros produtos. Así mesmo, é unha das principais organizacións do sector da horta atlántica e agrupa familias produtoras de distintas zonas de Galicia. Na actualidade, conta con 131 persoas cooperativistas, das cales arredor de 100 manteñen actividade produtiva.

Comparte este artigo