Ana González Abelleira denuncia que os orzamentos da Xunta para 2027 “someten novamente a Lugo” e consolidan unha Galicia a dúas velocidades

Redacción

A portavoz adxunta socialista considera enganoso utilizar o investimento por habitante como indicador de compromiso territorial cando Lugo segue sen resposta para infraestruturas e servizos fundamentais

“A Xunta só reserva 600.000 euros para construír o centro de saúde do Sagrado Corazón, un investimento inferior ao esforzo económico que fixo o Goberno socialista para poñer os terreos a disposición da Consellería”, dixo.
Entre as principais carencias, González Abelleira destacou a ausencia dunha aposta clara por infraestruturas que melloren a competitividade económica de Lugo, como a conexión do parque empresarial das Gándaras coa A-6.
“Arrastramos un déficit de 16 anos sen edificar unha sola vivienda pública. Os pasos dado son clarmaente insuficientes. Apenas 200 viviendas para cubrir unha demanda real de máis de 2000 persoas inscritas como demandantes de vivenda na nosa cidade”, proseguíu.

A demora na tramitación das axudas á dependencia, a atención ás persoas maiores e a insuficiencia de recursos para atender determinadas necesidades sociais obrigan, en moitas ocasións, a que Lugo asuma responsabilidades e gastos que non lles corresponden mentres o Gobernode Candia mira para outro lado.

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, cualificou de decepcionantes os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 no que atinxe a Lugo cidade, unhas contas que, ao seu xuízo, volven evidenciar a falta dunha aposta decidida polo desenvolvemento do municipio e pola mellora dos servizos públicos que necesita a cidadanía.

González Abelleira cuestionou especialmente o relato do Goberno de Alfonso Rueda sobre o investimento territorializado e a utilización do gasto por habitante como indicador de equilibrio entre territorios. “O dato de investimento por habitante que ofrece a Xunta é un engano á cidadanía que se utiliza para ocultar a falta de proxectos estratéxicos e a desigualdade real entre territorios. A mellora das infraestruturas non se mide polo investimento por habitante, debe ser unha aposta desvinculada desta métrica. É evidente que falta decisión para executar obras necesarias, resolver déficits históricos e xerar oportunidades. A difrencia entre o investimento en Pontevedra e Coruña medra en relación ao ano pasado con Lugo e Ourense”, sinalou.

Para a responsable socialista, a distribución dos recursos consolida unha Galicia a dúas velocidades: a do eixo da AP-9, que concentra boa parte do dinamismo e das grandes actuacións, e a Galicia interior, Lugo e Ourense, que continúa perdendo pulo pola falta dunha política de investimento ambiciosa por parte do Goberno de Rueda.
Entre as principais carencias, González Abelleira destacou a ausencia dunha aposta clara por infraestruturas que melloren a competitividade económica de Lugo, como a conexión do parque empresarial das Gándaras coa A-6. Trátase dunha demanda do tecido empresarial que permitiría mellorar a conexión dos polígonos industriais coa rede de alta capacidade e ofrecer ás empresas lucenses condicións máis competitivas fronte a outros polos de desenvolvemento.

A portavoz socialista tamén criticou a falta de avances que permitan dar por resoltos os déficits de comunicación e mobilidade da cidade. Exista un comprmosio nos cumplido en relación a mellora da mobilidade en Fontiñas actuando na avenida Vila Verde. Non sabemos nada das sendas ciclables comprometidas no Consello da Xunta ceelbrado en Lugo e falta un aparcadoiro para esta zona da cidade comprometido xa por Feijoó como presidente.
“Non abonda con repetir os mesmos proxectos nos orzamentos ano tras ano. A cidadanía necesita saber cando se van executar, que pasos se deron e cales son os prazos reais. Non podemos aceptar que as contas da Xunta se convertan nun exercicio de copiar e pegar mentres as necesidades de Lugo seguen sen resposta”, afirmou.

Outro dos ámbitos nos que a representante socialista considera evidente a falta de compromiso autonómico é a recuperación do patrimonio e a dinamización cultural. O documento orzamentario reserva 500.000 euros para o Museo da Romanización, unha cantidade que considera insuficiente para dar o impulso que precisa un proxecto estratéxico para Lugo, competencia exclusiva da Xunta. “ Fían todo a aposta do Goberno socialista polo 2% cultural. ë unha demostración de marxinación hacia Lugo”, indicou. Ademáis, González Abelleira advertiu de que a inclusión dunha partida non garante por si mesma a execución dunha infraestrutura que leva anos acumulando compromisos e que continúa condicionada pola falta dunha solución de trazado que permita avanzar.

O futuro museo, previsto no antigo cuartel de San Fernando, debe permitir divulgar as máis de 15.000 pezas arqueolóxicas descubertas na cidade nas últimas décadas, moitas delas dispersas e sen as condicións necesarias para seren coñecidas pola cidadanía. “É difícil entender que a Xunta anuncie grandes investimentos noutros puntos de Galicia mentres Lugo segue agardando por un equipamento esencial para poñer en valor a súa historia e o seu patrimonio. A Romanización non é un proxecto menor: é unha oportunidade cultural, turística e económica para a cidade”, sinalou.

González Abelleira tamén puxo o foco na falta de compromiso coa recuperación da Tinería, un ámbito no que, ao seu xuízo, non se aprecian recursos capaces de recuperar o tempo perdido e completar a transformación dunha zona histórica fundamental para o futuro do centro de Lugo. O mesmo sucede en vivienda. “Arrastramos un déficit de 16 anos sen edificar unha sola vivienda pública. Os pasos dado son clarmaente insuficientes. Apenas 200 viviendas para cubrir unha demanda real de máis de 2000 persoas inscritas como demandantes de vivenda na nosa cidade”, proseguíu.

Especialmente grave resulta a insuficiencia de investimento para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón. A portavoz socialista lembra que a Xunta conta gracias a xestión de Miguel Fernández como alcalde da parcela do antigo colexio e, malia iso, non recolle nos orzamentos de 2027 unha partida para construír o equipamento sanitario nin para acometer a demolición do edificio existente. Esta insuficiencia de financiamento atrasará a posta en marcha dun servizo esencial para a veciñanza.
“O investimento autonómico previsto para este proxecto é inferior ao esforzo económico que fixo o Gobenro socialista para facilitar os terreos. Nós cumprimos coa nosa parte; agora é a Xunta quen debe asumir as súas responsabilidades e poñer os recursos necesarios”, denunciou González Abelleira.

A portavoz adxunta advertiu de que Lugo non pode seguir acumulando atrasos en equipamentos sanitarios básicos mentres a Xunta evita concretar prazos e financiamento. Outro exempo disto é o centro de saúde da Milagrosa, cuxo atraso non se corrixe cunha partida inferior a millón de euros. “A saúde dos veciños e veciñas non pode depender da vontade política nin da falta de dilixencia dun Goberno que chega tarde ás necesidades da cidade”.

Estas carencias súmanse aos déficits persistentes en infraestructuras e á falta de respostas suficientes ás necesidades sociais. A demora na tramitación das axudas á dependencia, a atención ás persoas maiores e a insuficiencia de recursos para atender determinadas necesidades sociais obrigan, en moitas ocasións, a que Lugo asuma responsabilidades e gastos que non lles corresponden mentres o Gobernode Candia mira para outro lado.
Para González Abelleira, o problema dos orzamentos autonómicos non está unicamente nas partidas que faltan, senón tamén na distancia entre os anuncios e os resultados. “A Xunta converteu a presentación dos orzamentos nun acto de marketing político, cheo de titulares e boas palabras, pero Lugo necesita feitos. Necesita investimentos executados, servizos reforzados e proxectos que deixen de acumular atrasos”.

A representante socialista concluíu reclamando ao Goberno galego que revise as prioridades das contas e comprometa recursos suficientes para as necesidades da cidade. “Lugo non pide privilexios: pide igualdade de oportunidades, infraestruturas que lle permitan competir, servizos públicos á altura das necesidades da súa xente e respecto polos compromisos adquiridos. O futuro da cidade non pode quedar á marxe das prioridades da Xunta”.

Comparte este artigo