O Club de Lectura “Nieves Ibarra” do concello de Nigrán visita con Pedro Feijoó a aldea onde se refuxiou “Romasanta”

Redacción

O CLUB DE LECTURA ‘NIEVES IBARRA’ DO CONCELLO DE NIGRÁN VISITA CON PEDRO FEIJÓO A ALDEA ONDE SE REFUXIOU ‘ROMASANTA’

O autor de ‘Onde nacen as bestas’ amosoulles in-situ como se documentou sobre este primeiro asasino en serie de España

O Concello de Nigrán ofreceu este sábado unha viaxe literaria para os participantes do clube de lectura municipal ‘Nieves Ibarra’ grazas ao escritor Pedro Feijóo. O seu libro ‘Onde nacen as bestas’, thriller psicolóxico onde o autor aborda a figura de Romasanta, primeiro asasino en serie de España, foi o protagonista desta xornada. Para elo desprazáronse ata Rebordechao, aldea de Ourense onde Romasanta se refuxiou durante 10 anos mentras cometía os seus crimes e sen levantar a mínima sospeita. Feijóo explicou aos asistentes como foi o seu intenso proceso de investigación sobre esta sinistra figura do século XIX que el leva á actualidade nesta novela traballada no club de lectura.

“O club de lectura municipal foi unha iniciativa que no 2023 Nieves Ibarra nos trasladou ao Concello e que seguimos promovendo porque ten un público fiel que non deixa de medrar e, consideramos, fan unha labor marabillosa de promoción da lectura”, considera o alcalde, Juan González, sobre ese grupo fundado por quen fora mestra no IES Val Miñor e histórica feminista e a quen se lle adicou o nome tras o seu falecemento nese mesmo ano. Os seus tertulianos reúnense os últimos sábados de mes na Biblioteca Municipal de Nigrán para debater e analizar diferentes obras.

Comparte este artigo