Adxudicada a construción do novo edificio de vivenda pública no Porriño

Redacción

● Son 36 vivendas en réxime de protección que contan con un prazo de execución de 21 meses

Novo paso para a construción de vivenda pública no Porriño: a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudicou a execución do edificio proxectado no sector de solo urbanizable SUR-PPR-5 á empresa Citanias Obras y Servicios, S.L.U.. O proxecto contempla a construción de 36 vivendas de promoción pública (VPP) e inclúe tanto a redacción do proxecto coma a dirección de obra e a súa construción con técnicas industrializadas.

O prazo de execución do proxecto é de 21 meses,para “un proxectoque está cada vez máis preto de converterse noutra realidade para o municipio que seguirá poñendo vivenda pública a disposición da cidadanía nun municipio que quere seguir crecendo”, explica Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño que destacou a urxencia de dar resposta á forte demanda residencial no Porriño, lembrando a importancia de poñer o patrimonio e o solo municipal ao servizo do interese xeral para facilitar o acceso a un fogar digno, especialmente á mocidade e ás familias con máis dificultades.

Esta actuación dá continuidade ao protocolo de colaboración asinado o pasado 6 de febreiro de 2026 entre a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. (VIPUGAL) e o Concello do Porriño para ceder solo municipal e promover vivenda protexida no municipio. Unha iniciativa forma parte da estratexia da Xunta para incrementar o parque público residencial nos concellos con maior demanda, facilitando o acceso a unha vivenda digna , especialmente á mocidade e aos colectivos con máis dificultades.

As36 viviendas estarán destinadas a personas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e contarán con réxime de protección permanente, conforme ao marco establecido en el protocolo de colaboración.

Comparte este artigo