O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na apertura do XVI Memorial Filgueira Valverde, unha cita que recupera o Museo para reivindicar o legado dunha das figuras máis relevantes da historia cultural da cidade. Domínguez salientou o compromiso da Deputación coa conservación e difusión do patrimonio, así como coa investigación e a colaboración entre institucións. Ademais, puxo en valor a pegada de Filgueira Valverde en Pontevedra, e destacou a súa contribución á educación, á cultura e á defensa do patrimonio.

