Home A Coruña O ciclo da Xunta "O País das Bandas" chega o mércores a...

O ciclo da Xunta “O País das Bandas” chega o mércores a Curtis coa Banda Artística de Merza

- Anuncio -

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

O ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o mércores ao lugar de Teixeiro, en Curtis, cun concerto da Banda Artística de Merza, pertencente ao concello pontevedrés de Vila de Cruces. A actuación será ás 19,30 horas.

Fundada no ano 1828, é a agrupación popular máis antiga de Galicia. En 1930 dividiuse en dúas formacións, a Banda Nova e a Banda Vella, que se volverían xuntar nove anos despois. A finais dos anos 70 comeza a súa actividade a Escola de Música da Banda Artística de Merza, desde a que se potencia a creación de grupos de cámara e as bandas infantil e xuvenil. Dirixida por Mateo Gómez Naval, a agrupación suma máis dun cento de músicos federados.

O repertorio previsto para o concerto do mércores inclúe as pezas Ortigueira, Cantuxa, La gran vía e Camiños da fin da Terra. Soarán tamén 3ª suite for band, Joropo, Volvoreta e Muiñeira das Insuas de Gres.

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas