Home Lugo Medio Ambiente incoa expediente sancionador fronte as concesionarias que efectuaron o baleirado...

Medio Ambiente incoa expediente sancionador fronte as concesionarias que efectuaron o baleirado de catro encoros de Ourense e Lugo

- Anuncio -

MEDIO AMBIENTE INCOA EXPEDIENTE SANCIONADOR FRONTE AS CONCESIONARIAS QUE EFECTUARON O BALEIRADO DE CATRO ENCOROS DE OURENSE E LUGO

— Estas entidades procederon a diminuír a auga encorada nas presas de Cenza, As Portas, Salas e Belesar sen agardar polas medidas necesarias e, polo tanto, sen a autorización que marca o regulamento galego de pesca fluvial
— As concesionarias incumpriron a normativa vixente para a protección da poboación ictícola ao levar a cabo o baleirado sen que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil lles trasladase as pautas impostas pola Consellería

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incoou expediente sancionador fronte as empresas concesionarias que levaron a cabo o baleirado de catro embalses das provincias de Ourense e Lugo, todos eles competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

En concreto, a Consellería impón ás entidades a sanción máxima prevista na lei por cada un dos encoros nos que as entidades efectuaron o baleirado susceptible de afectar á fauna piscícola: Cenza, As Portas, Salas e Belesar, tendo en conta que realizaron o desaugue “sen que o servizo provincial correspondente puidera fixar as medidas preventivas oportunas” e, polo tanto, sen agardar polo pronunciamento da Administración autonómica.

A Consellería de Medio Ambiente, como organismo competente en materia de protección da riqueza piscícola en Galicia, adopta esta nova decisión en base ao artigo 83 do regulamento autonómico de pesca fluvial, pola falta da autorización necesaria para protexer á poboación ictícola ante un posible baleirado.

Cómpre lembrar que lle corresponde ao organismo competente en aproveitamentos hidráulicos en cada demarcación, neste caso a Confederación, notificarlle á Consellería que se quere efectuar un baleirado nunha presa para que esta informe sobre as medidas que se deben adoptar previamente, co fin de garantir que a súa execución non prexudicará ás poboacións existentes nesa masa de auga.

Así o establece o devandito artigo do regulamento, que ademais sinala como unha condición esencial para poder proceder ao baleirado dunha masa de auga que a concesionaria “o deberá comunicar cunha antelación mínima dun mes ao órgano competente” en materia de aproveitamento hidráulico, algo que tampouco cumpriron as entidades.

O punto 2 do artigo 83 é o que recolle que “logo da adopción das medidas previas” por parte do responsable da conca, o departamento de Medio Ambiente “autorizará a anulación ou o baleirado coas condicións que garantan a protección e conservación da fauna acuática”.

En resumo, en contra do procedemento legalmente establecido e coñecido tanto polas concesionarias como pola CHMS, este verán alterouse o nivel de auga encorada nalgúns dos principais encoros hidroeléctricos do Miño-Sil sen que a Confederación Hidrográfica o notificara antes á Consellería de Medio Ambiente nin, polo tanto, agardar a que se pronunciara, motivo polo que o departamento autonómico decidiu iniciar o correspondente sancionador tanto contra as empresas como contra o organismo de conca estatal.

O obxectivo principal da Xunta de Galicia nestes momentos, como xa se vén sinalando nas últimas semanas, é depurar responsabilidades polo baleirado realizado sen autorización en varios encoros da conca Miño-Sil, uns feitos, en todo caso, non imputables de ningún xeito á acción do Goberno galego.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas