O Concello de Ourense celebra unha xornada informativa sobre a nova Ordenanza de Ruídos dirixida ao personal técnico de Urbanismo

Redacción

A área de Urbanismo do Concello de Ourense acolleu hoxe unha xornada formativa sobre a nova Ordenanza de Ruídos, dirixida ao persoal e aos técnicos municipais deste departamento, co obxectivo de dar a coñecer as súas principais novidades, contidos e criterios de aplicación.

Durante o obradoiro abordáronse os aspectos máis relevantes da nova normativa, ofrecendo aos profesionais de Urbanismo información e ferramentas para facilitar o seu coñecemento, interpretación e aplicación no desempeño das súas funcións.

Esta sesión informativa busca reforzar a coordinación e o coñecemento técnico dentro da administración municipal, favorecendo unha aplicación adecuada e homoxénea da nova ordenanza.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourense continúa avanzando na difusión da nova regulación municipal en materia de contaminación acústica, achegando o seu contido aos profesionais que, desde os seus respectivos ámbitos de actuación, participan na súa aplicación e cumprimento.

A xornada encádrase no compromiso municipal coa mellora da xestión do ruído, a convivencia cidadá e a protección da calidade de vida da veñanza de Ourense.

Comparte este artigo