Ángeles Vázquez pon en valor o traballo de Amencer Aspace na atención ás persoas con discapacidade na provincia de Pontevedra

Redacción

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, visitou esta tarde os usuarios da residencia para persoas con discapacidade da asociación Amencer Aspace. No encontro, puxo en valor o traballo que está desenvolvendo a entidade, que é un referente na provincia de Pontevedra.

Durante o encontro, Ángeles Vázquez conversou cos usuarios e co persoal do centro, ao tempo que coñeceu algúns dos proxectos nos que traballan e como é o día a día nos recursos desta entidade en Vigo, Vilagarcía e Pontevedra.

Comparte este artigo