Home A Coruña O Hospital Comarcal de Cee incorpora un novo equipo radiocirúrxico

O Hospital Comarcal de Cee incorpora un novo equipo radiocirúrxico

- Anuncio -

— O Delegado Territorial da Xunta na Coruña supervisou hoxe no hospital comarcal de Cee o funcionamento deste novo equipo radiocirúxico adquirido por importe superior aos 90.000 euros.

— Os Orzamentos da Xunta para 2021 contemplaron partidas por valor de 60 millóns para desenvolver un Plan de renovación e modernización do equipamento sanitario froito do cal adquiríronse tamén 7 robots cirúrxicos e licitouse a adquisición de 48 novos ecógrafos.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o hospital comarcal Virxe da Xunqueira de Cee para supervisar o funcionamento do novo equipo radiocirúrxico, que tivo un custo superior aos 90.000 €, que permitirá renovar o equipamento existente no bloque cirúrxico para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc.

O aparello adquirido dispón de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas. Este novo equipamento achega á sanidade pública galega as últimas ferramentas de diagnóstico e tratamento coas doses máis baixas, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos cunha maior seguridade para os pacientes.

A Xunta de Galicia vén de recibir os 37 equipos radiocirúrxicos que adquiriu trala licitación por importe de 4,3 millóns de euros que foi autorizada polo Consello da Xunta do pasado 4 de marzo e que resolveuse, coa formalización dos respectivos contratos, o pasado xuño.
O equipamento obxecto deste expediente de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.
60 millóns para equipamento sanitario

A Xunta de Galicia continúa a desenvolver, coa adquisición destes equipamentos, o Plan de renovación e modernización do equipamento sanitario previsto para 2021, co que acometer as renovacións integrais dos bloques cirúrxicos e dos equipamentos de alta tecnoloxía para o diagnóstico. Para este plan, os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia destinan, no presente ano, un orzamento de 60 millóns de euros.

Froito dese plan xa se acometeron neste ano outras dúas licitacións: a adquisición de sete sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci para todas as áreas sanitarias por 20,5 millóns de euros e a licitación a pasada semana da subministración de 48 ecógrafos con destino aos Servizos de Radiodiagnóstico de diversos centros sanitarios do Sergas por un importe total de 5,6 millóns de euros.

Novo PAC

Trenor lembrou que o pasado mes de novembro tamén se levou a creación dun dobre circuíto no Servizo de Urxencias do hospital e a reubicación do novo PAC no centro de saúde de Cee. As obras de reforma supuxeron , segundo explicou Trenor, a adaptación dunha superficie total de 390 m2 cun investimento de 150.000 €, entre dotación e obra. O traslado das dependencias do PAC permitiu, nas urxencias do Hospital, a creación de circuítos diferenciados de urxencias COVID e o resto de urxencias, garantindo a seguridade asistencial.

As novas consultas de pediatría e xinecoloxía, que se sitúan no espazo que ocupaba a sala de xuntas do centro, supón unha superficie de 100 m2, contan con 4 consultas, das que 2 serán de pediatría, 1 para a matrona e 1 para a enfermeira pediátrica. Ademais dunha sala de espera para pacientes. O novo PAC, que se sitúa na zona onde con anterioridade estaban localizadas as consultas de Pediatría e Xinecoloxía, facilita un mellor aproveitamento do espazo existente, conta cunha superficie de 290 m2, e se distribúe nunha sala de espera para pacientes, 4 consultas médicas, 3 almacéns, ademais de baños e zona de estar para o persoal.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas