O goberno municipal impulsa 6 proxectos de modificación orzamentaria para mobilizar máis de 14 millóns de euros

Redacción

Os expedientes serán presentados a aprobación proximamente ante o Pleno do Concello

Teñen como finalidade executar investimentos das áreas de Infraestruturas, Deportes e Perímetro Rural, ademais de reforzar as partidas da área social, entre outras

O goberno municipal do Concello de Ourense impulsa 6 proxectos de modificación orzamentaria que presentará proximamente a aprobación por parte do Pleno do Concello. A súa finalidade é mobilizar un total de 14.384.427,40 euros procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais para executar investimentos nas áreas de Infraestruturas, Deportes e Perímetro rural, ademais de reforzar as partidas da área social.

O executivo local remitiu esta mañá os expedientes destas modificacións de crédito aos grupos políticos da oposición para que sexan coñecedores do seu contido.

Os proxectos das propostas orzamentarias serán prrimeiro ante a Xunta de Goberno Local e posteriormente ante o Pleno do Concello para que proceda, se é o caso, á súa aprobación inicial.

Modificación 5P: 972.393,61 euros. A súa finalidade é dar financiamento aos convenios con diferentes entidades sociais, aumentar o crédito das axudas de emerxencia social e o pago de sentenzas relativas ao servizo de axuda no fogar.
Modificación 6P: 62.839,77 euros para aboar unha indemnización determinada por sentenza xudicial pola anulación dunha licenza de obra dun edificio na rúa do Progreso.
Modificación 7P: 1.133.000 euros para executar novos investimentos en instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes. A consignación económica inclúe actuacións de eficiencia enerxética, substitución de céspede en campos de fútbol e melloras nas instalacións de Oira e Arrabaldo. Tamén se destinan 18.000 euros para a redacción do proxecto dun novo Skatepark.
Modificación 8P: 6.251.010,80 euros para atender necesidades derivadas de convenios subscritos polo Concello e actuacións en vías públicas financiadas por fondos europeos. Entre elas: a humanización das rúas Doutor Fleming e Bonhome, o sistema de elevación vertical na rúa Amor Ruibal, ou os convenios con Adif para mellorar a permeabilidade en Ramón Puga e Tarascón, entre outros proxectos.
Modificación 9P: 5.367.183,22 euros para actuacións da área de Infraestruturas, como as obras de emerxencia executadas polo afundimento na rúa Pena Trevinca, o incendio da Casa de Baños, así como na avenida de Portugal por abandono das obras por parte da empresa adxudicataria e outras.
Modificación 10P: 598.000 euros para realizar 17 intervencións en localidades do perímetro rural (reparación de firmes, muros e outras obras de mantemento e conservación)

Comparte este artigo