A portavoz do executivo local e candidata ao Congreso lembra que a nova sala nunca estivo entre as prioridades da Xunta. “E case gracioso ver agora ao PP celebrando este logro”
A loita comezou no mandato de Dolores García e remata no de Alberto Varela, quen se entrevistou con Félix Bolaños para reclamar esa mellora
A candidata ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra e voceira socialista no Concello, Tania García Sanmartín, celebrou hoxe que por fin se teña aprobado o cuarto xulgado para a cidade, da man dun goberno socialista. Unha vella reivindicación dos profesionais e da cidadanía no seu conxunto, pero tamén e especialmente dos sucesivos gobernos socialistas, e aí está o acordo do pleno na época de Dolores García (2007-2011). Un obxectivo que proseguiu co actual alcalde, Alberto Varela, quen lle pediu esa ampliación ao ministro de Xustiza, Félix Bolaños, nunha reunión celebrada hai uns meses.
Neste sentido, García Sanmartín lembra que non hai moitos días que o Partido Popular saíu preguntándose publicamente que facía o Goberno de España por Vilagarcía. “Pois ben: aí teñen outro exemplo meridiano. O que é case gracioso é ver agora ao PP e a Bayón celebrando que por fin se vai a facer xustiza, nunca mellor dito, cando foi a Xunta, e polo tanto o PP, quen nunca tivo aos xulgados de Vilagarcía entre as súas prioridades”. Unha actitude, en todo caso, que á portavoz non lle estraña: “Xa pasou tamén co centro de saúde da Mariña. Comezaron dicindo que aquelo era un capricho e que non tiña sentido, e agora non hai máis que velos, á Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa cabeza da manifestación; calquera día dirán que a idea foi súa, o mesmo que coa cuarta sala dos xulgados”.

