Castro Soutolobre-Lourido

Redacción

Desde o Concello de Salvaterra de Miño queremos aclarar e informar á veciñanza sobre as últimas noticias publicadas en medios escritos, dixitais e redes sociais en relación coas actuacións no Castro do Penedo dos Mouros:

  • Autorizacións e permisos: As obras realizadas contan con todas as autorizacións e permisos necesarios. En ningún caso se iniciaron estes traballos sen o consentimento da autoridade competente nin sen a correspondente comunicación previa de inicio de obra. Afirmar que esta actuación non conta cos permisos pertinentes é moi grave.
  • Dirección e supervisión arqueolóxica: Os traballos están a ser executados por un arqueólogo e contan co seguimento, control e supervisión dos arqueólogos da Dirección Territorial de Patrimonio (Xefatura Territorial de Cultura) da Xunta de Galicia.
  • Compromiso e traxectoria do proxecto: O Castro do Penedo dos Mouros, en Soutolobre e Lourido, é un enclave dunha inmensa riqueza patrimonial no que este Concello leva traballando para a súa posta en valor desde o ano 2017. Froito dese compromiso, realizouse unha primeira actuación en 2023 que sentou as bases para ampliar a escavación. Posteriormente, no ano 2024, o Concello recibiu a autorización de Patrimonio para o segundo proxecto, o cal se materializou grazas á sinatura dun convenio coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en outubro de 2026 para continuar avanzando nos traballos.
    Desde o Concello de Salvaterra de Miño reiteramos o noso absoluto rigor e compromiso coa protección, investigación e posta en valor do noso patrimonio histórico.
Comparte este artigo