A Coral Polifónica Ventos do Val organiza o próximo domingo, 22 de novembro, un concerto con motivo da celebración de Santa Icía, patroa da música. A actuación terá lugar ás 18.00 horas no Auditorio Multiusos das Pozas, en Mos.
O encontro reunirá tres formacións corais: a Coral Polifónica San Telmo de Tui, a Coral Polifónica de Atios, procedente do Porriño, e a anfitrioa, a Coral Polifónica Ventos do Val, de Petelos (Mos).
A cita ofrecerá ao público unha tarde dedicada á música coral e ao encontro entre agrupacións de diferentes localidades da comarca.
O concerto está organizado pola Coral Polifónica Ventos do Val e conta coa colaboración do Concello de Mos, Autocares Lucho e a Deputación de Pontevedra, a través de Culturea.

