Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén organiza o seu III Certame de Relatos Curtos en...

Pazos de Borbén organiza o seu III Certame de Relatos Curtos en Galego

- Anuncio -
  • A iniciativa busca promover entre a mocidade do municipio o uso do galego no ámbito literario
  • O Concello de Pazos de Borbén, a través da biblioteca municipal, organiza por terceira vez o seu Certame de Relato Curto. Un concurso escolar que busca potenciar a expresión e a comprensión escrita en galego ademais de fomentar o seu uso no ámbito literario. O prazo de presentación de orixinais abrirase o 1 de outubro e finalizará o 15 de novembro.
  • O certame está centrado no ámbito educativo polo que só poderán participar os alumnos residentes no Concello de Pazos de Borbén que estean a cursar estudos de primaria ou secundaria nalgún dos centros educativos do municipio.
  • O concurso contará con cinco categorías en función do curso escolar que estea a cursar cada participante. Os alumnos de 1º e 2º de primaria entrarán na categoría A, os de 3º e 4º no B, e así sucesivamente ata os alumnos de 3º e 4º da ESO que participarán no grupo E. Todos os escolares que participen recibirán un libro de agasallo.
  • Ademais, cada categoría premiará as dúas mellores composicións con lotes de libros e libros electrónicos. A iniciativa está incluída no programa municipal de dinamización de actividades en lingua galega e conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas