A directora xeral de Administración Local reúnese en Vigo con representantes das asociacións veciñais de Lavadores e Cabral

Redacción

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, reuníronse hoxe con representantes das asociacións veciñais de Lavadores e de Cabral, das que coñeceron os respectivos locais sociais.

Natalia Prieto salientou a importancia de colaborar co movemento veciñal e de facilitarlles ás asociacións de veciños e de mulleres rurais, así como ás comunidades de usuarios de augas, espazos axeitados e confortables para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna e o equipamento necesario para poder levar a cabo as súas actividades.

Comparte este artigo