• O evento celebrarase os días 5 e 6 de decembro en horario de 11:30 a 19:00 horas.
• A participación é totalmente gratuíta e o prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 3 de decembro ás 15:00 horas.
O Concello de Arbo vén de abrir o prazo de inscrición para todas aquelas persoas, entidades e establecementos interesados en formar parte do “VII ArboNadal 2026 – Mercadillo de Nadal”, unha iniciativa consolidada coa que o goberno local busca promocionar e poñer en valor os recursos culturais, artesanais, comerciais e patrimoniais da vila.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou a importancia desta sétima edición para dinamizar o municipio durante a ponte de decembro: “O ArboNadal converteuse xa nunha cita imprescindible no noso calendario festivo. Con este mercadillo non só creamos un ambiente máxico e acolledor para veciños e visitantes, senón que ofrecemos un escaparate de primeiro nivel para apoiar o noso comercio local, aos nosos artesáns e ao tecido asociativo de Arbo”. Así mesmo, o rexedor animou á participación lembrando que “a inscrición é totalmente gratuíta, polo que convidamos a todos os sectores a sumarse e facer desta sétima edición un éxito colectivo”.
O “VII ArboNadal 2026” celebrarase os días 5 e 6 de decembro de 2026, cun horario de apertura ao público de 11:30 a 19:00 horas de xeito ininterrompido. A inauguración oficial terá lugar o sábado 5 de decembro ás 11:30 horas, polo que todos os postos deberán estar totalmente montados e listos antes das 10:30 horas dese mesmo día.
Poderán participar no mercadillo artesáns/ás, anticuarios/as, asociacións sen ánimo de lucro, ONGs, cooperativas e establecementos comerciais. Tamén está aberta a participación a organizacións e artesáns que desexen realizar unicamente labores de exposición sen venda directa.
A participación ten carácter totalmente gratuíto. As persoas interesadas deberán cubrir o modelo oficial de inscrición facilitado polo Concello de Arbo e presentalo antes do 3 de decembro de 2026 ás 15:00 horas. Só se admitirá unha solicitude por persoa física, establecemento ou entidade, sendo indispensable especificar o nome comercial ou da entidade, o tipo de produto a expoñer ou vender e os metros cadrados necesarios.
O Concello de Arbo realizará a distribución e adxudicación dos espazos atendendo a criterios de dispoñibilidade, variedade de produtos e orde de inscrición. Cada posto estará
Máis información e inscricións: Para resolver calquera dúbida ou solicitar información adicional sobre o evento, as persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do teléfono 639 82 94 45 ou do correo electrónico vicentarodriguezcerdeira@hotmail.es.

