Home Pontevedra A actuación da compañía Titiritantes o sábado 25 será o avance do...

A actuación da compañía Titiritantes o sábado 25 será o avance do XXII Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day que se traslada aos días 1 e 2 de outubro

- Anuncio -

As malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana aconsellan o traslado de datas dunhas actividades que teñen as rúas e prazas como protagonistas

O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o cambio de datas do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro. As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Co-merciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.

En todo caso, o Festival de Artistas de Rúa terá un previo máis que interesante coa compañía Tiri-tantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 25 ás 18 horas”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas pre-vistas para a fin de semana, tanto o Festival de Artistas de Rúa coma o Shopping Days, “quedarían totalmente desvirtuados ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”. Ao mesmo tempo, a alcaldesa redondelá lembra que o propio aprazamento per-mite “que o Festival conte cun máis que interesante avance como é o da compañía Titiritantes, unha agrupación de recoñecido prestixio e enorme calidade escénica”.

Cómpre lembrar que nesta edición dos Shopping Days está prevista a participación de 42 estable-cementos de diferentes sectores comerciais os que, durante a fin de semana, ofrezan os produtos de fin de tempada a prezos moi rebaixados. Ao mesmo tempo, no interior das tendas, farase un avance do que será novidade na vindeira tempada.
XXII Festival de Artistas de Rúa

Na nova programación, con algún cambio obrigado de artistas que xa tiñan as novas datas com-prometidas, o Festival mantén como denominador común “a altísima calidade de todas e cada unha das compañías e dos espectáculos que ofrecerán”, afirma a alcaldesa Digna Rivas que lem-bra que os espectáculos “serán itinerantes para evitar, dese xeito, as aglomeracións de público e que, ao mesmo tempo, poidan gozar de todas e cada unha das propostas o maior número posible de espectadores e espectadoras”.

25 de setembro
 18.00 h Compañía Titiritantes – Ulterior, a viaxe. -Saída dende a Praza de Ribadabia

1 de outubro
 17.30 h Compañía Xip Xap – Rum Rum. – Saída dende rúa Pai Crespo
 19.00 h Compañía Troula Animación – Pachamama – Saída dende a Praza de Ribadavia.

2 de outubro
 17.30 h Compañía Inventi Teatro – A tropa do doutor milagre – Saída da rúa Salgueiral.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas