Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta este sábado a súa nova colección Medal de poesía...

A Deputación presenta este sábado a súa nova colección Medal de poesía feita por mulleres

- Anuncio -

A editorial provincial inicia a nova serie co libro ‘Violetas no asfalto’ da autora Lucía Novas

O acto será ás 12.30 horas na Illa de Medal en Pontesampaio

A Editorial da Deputación de Pontevedra presenta este sábado a súa nova serie de poesía feita por mulleres baixo o nome de Colección Medal. O ciclo de publicacións iníciase co libro ‘Violetas no asfalto’ da autora Lucía Novas, que se dará a coñecer ás 12.30 horas na propia Illa de Medal en Pontesampaio -ou no vestíbulo do Edificio Castelao do Museo no caso de choiva-.

O illote, cuxo nome foi escollido seguindo o costume da Editorial provincial de denominar as coleccións coas illas existentes nas Rías Baixas, daralle acubillo a un acto no que participará a deputada de Lingua e Patrimonio Documental e Bibliográfico, así como o coordinador da colección, Antón Sobral, que explicarán as características da iniciativa e o motivo da súa creación, así como a propia autora, Lucía Novas, que pronunciará parte dos poemas que forman parte da antoloxía poética a publicar pola Deputación.

A Colección Medal pretende ser unha variada mostra de poesía de autoras da provincia, poetas relevantes tanto pola alta calidade dos seus versos coma pola súa implicación como mulleres no eido artístico e literario. No caso de ‘Violetas no asfalto’, a obra pretende poñer “no seu xusto lugar unha traxectoria poética senlleira e sólida, intensa e emotiva porque nace desde a honestidade creadora, o talento e a procura dun camiño propio”.

Para poder acudir á presentación da Colección Medal é preciso confirmar asistencia no teléfono 981 80 41 00, na extensión 40022, ou ben no correo protocolo@depo.gal.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas