Home Pontevedra Deza A cita informática XGN R Encounter ultima a súa 21ª edición, que...

A cita informática XGN R Encounter ultima a súa 21ª edición, que contará, do 9 ao 11 de outubro, con 20 xigas de velocidade

- Anuncio -

 Este evento, que ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA, recupera o seu formato presencial para inscritos e volve a reunilos nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un

 Desenvolverase con todas as medidas de seguridade, segundo un plan de prevención fronte á COVID-19

A XGN R Encounter, a maior lanparty de Galicia, ultima xa a súa 21ª edición. Esta celebrarase do 9 ao 11 de outubro retomando o seu formato presencial para inscritos tras levarse a cabo online o pasado ano.

Así, o recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e as novas tecnoloxías nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un.

O evento desenvolverase con todas as medidas de seguridade, segundo un plan de prevención fronte á COVID-19.

A Feira Internacional de Galicia ABANCA está inmersa nos preparativos desta cita.

Así, contará de novo na súa área Intranet, exclusiva para persoas inscritas, cun completo programa de actividades para as que dispoñerán de 20 xigas de velocidade no recinto. En canto á zona Extranet, de acceso libre, será unicamente en formato online, ofrecendo numerosas propostas para desfrutar dende a casa.

Esta edición, coa que se pretende recuperar a interacción dos participantes de forma segura, é a quinta coa operadora galega R como colaboradora e patrocinadora oficial e de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.

A volta ao formato presencial da Encounter galega reflicte a boa evolución desta cita informática, pois tamén no País Vasco se celebrou en xullo a Euskal Encounter con asistencia de participantes. Trátase das dúas únicas lanparties de España que puideron retomar a fórmula presencial ata a data. A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters que a Fundacion Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a citada Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas