Home Pontevedra Ponte Caldelas Díaz rexeita unha proposta de acordo plenario de agradecemento público ao Doutor...

Díaz rexeita unha proposta de acordo plenario de agradecemento público ao Doutor Carrera tras 34 anos de servizos á veciñanza de Ponte Caldelas

- Anuncio -

· A iniciativa presentada propuña que se lle remitira ao facultativo sanitario recén xubilado un escrito de recoñecemento polo seu labor de máis de tres décadas no centro de saúde pontecaldelán.

· O alcalde opúxose a que se lle rendera unha homenaxe pública na que se lle fixera entrega dunha placa conmemorativa do remate do seu periplo laboral sanitario en Ponte Caldelas.

O Partido Popular de Ponte Caldelas lamenta profundamente que o alcalde Andrés Díaz e o Grupo Municipal Socialista votara en contra dunha iniciativa presentada no Pleno para que a Corporación, no nome da veciñanza de Ponte Caldelas, fixera recoñecemento e agradecemento a José Manuel Carrera Ligera, o Doutor Carrera, recentemente xubilado tras 34 anos ininterrumpido de servizo á veciñanza deste municipio no seu Centro de Saúde.

Os votos en contra dos 8 concelleiros socialistas, fronte aos 3 do PPdeG e os 2 do BNG que o fixeron a favor, foi rexeitada esta moción que a oposición pretendía debatila no Pleno ante a seguridade de que prosperaría por unanimidade ao tratarse dun recoñecemento público e notorio a unha persoa de sobrada consideración entre a veciñanza pontecaldelá e que pertence a un colectivo, o sanitario, que durante a pandemia da Covid-19 foi exemplar na atención á cidadanía e na loita en primeira liña fronte ao coronavirus.

A proposta presentada ao Pleno recoñecía a traxectoria profesional así como a calidade humana do Doutor Carrera que ao longo de 34 anos realizou unha grande aportación humanitaria e de servizo público a través da sanidade no municipio. Ademais, na moción se recordaba os valores altruístas e de implicación social e persoal do Doutor Carrera en causas sociais ou de recuperación do patrimonio cultural e relixioso do municipio formando parte da comisión encargada de impulsar a restauración da igrexa e do entorno da igrexa parroquial de Santa Baia de Ponte Caldelas.

A proposta de acordo achegada ao Pleno recollía no seu texto o seguinte acordo: “Instar ao Goberno Local a realizar, en nome da Corporación Municipal de Ponte Caldelas, unha merecida homenaxe pública ao Doutor Carrera no que se lle faga entrega dunha placa conmemorativa dos 34 anos de servizo sanitario e atención á veciñanza de Ponte Caldelas. E instar ao alcalde, en nome da Corporación Municipal do Concello de Ponte Caldelas e dos veciños e veciñas do municipio, a remitirlle un escrito oficial de recoñecemento aos servizos prestados á veciñanza e felicitándoo pola súa recente xubilación”.

PETICIÓN DE APLAUSO PARA OS CONCELLEIROS DO BNG QUE REMATAN O SEU PERIPLO POLÍTICO NA CORPORACIÓN E REITERAR A CONVOCATORIA DUNHA XUNTA DE VOCEIROS PARA RENDIR HONORES A PERSOEIROS DO MUNICIPIO

Ante esta contrariedade, tanto os voceiros do PPdeG como do BNG volveron solicitar do alcalde a convocatoria da comprometida Xunta de Voceiros para consensuar o rendemento de honores a persoeiros do municipio, tal e como se acordara a finais da pasada lexislatura e que segue sen ser convocada polo alcalde. Nese acordo establecíase a necesidade de consensuar de nomes para o rueiro municipal e rendir a homenaxe merecida a persoeiros como o cineasta Chano Piñeiro ou o pintor Carlos García, entre outros moitos.

Finalmente, no remate do Pleno no que se deu conta da renuncia ás súas actas dos concelleiros do BNG, Lito Muíños e Manolo Barreiro, ante a ausencia de petición dun aplauso polo seu periplo de representación no Concello e pola súa vocación de servizo público amosado nas últimas dúas décadas, o voceiro do PPdeG, Antón Xil, solicitou públicamente ese honor para estes edís pola súa traxectoria política, o respecto amosado sempre aos membros da Corporación, as súas aportacións, o seu traballo e polo seu talante democrático, que foi seguido unánimemente polo público presente no Salón de Plenos e pola propia Corporación Municipal.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas