Home A Coruña Exposición do pintor J.M. Pereiro na Casa da Cultura de Fene

Exposición do pintor J.M. Pereiro na Casa da Cultura de Fene

- Anuncio -

A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de outubro unha exposición de óleos do pintor fenés J.M. Pereiro. A mostra inaugúrase este venres, 8 de outubro, ás 19.30 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) e poderá visitarse ata o vindeiro día 30. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.

“Auga e lume” é o título desta exposición na que J.M. Pereiro compila unha serie de obras, ao redor de corenta, nas que se reflicten paisaxes da terra “con especial predominancia da auga (ríos, martes, etc) e do lume (incendios forestais)”.

J.M. Pereiro (José Manuel Pereiro) é natural de Perlío (Fene). Comezou no mundo da pintura como alumno de Don Carlos Pérez Villaamil no ano 1961. A súa é unha pintura realista na que predominan as paisaxes. Pereiro adoita facer reproduccións fieis á realidade do seu entorno máis cercano.

Exposicións realizadas:
Ano 2000 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2002 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2003 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2004 – Exposición individual no CCRD de Perlío
Ano 2007 – Exposición individual no Lar do Toxos e Froles de Ferrol
Ano 2009 – Exposición individual no Lar do Toxos e Froles de Ferrol
Ano 2013 – Exposición individual na Casa da Cultura de Fene

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas