Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro renova o 95% do alumeado público cun investimento duns 300.000...

Campo Lameiro renova o 95% do alumeado público cun investimento duns 300.000 euros aportados polo IDAE

- Anuncio -

Carlos Costa cifra nun 70% o aforro enerxético no municipio tras instalar 1.200 luces LED, colocar 23 cadros eléctricos novos e reaxustar outros 10

O Concello de Campo Lameiro leva a cabo unha ambiciosa actuación tendente a conseguir o 70% do aforro en gasto enerxético no alumeado público muncipal. Segundo o alcalde, Carlos Costa, a actuación que se está a levar grazas a unha subvención duns 300.000 euros de axudas a entidades locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha ecomomía baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

Parte do orzamento incluído nesta ambiciosa operación tendente á renovación total do alumeado público municipal en Campo Lameiro tamén conta coa colaboración económica da Deputación Provincial. A adxudicataria do contrato para a instalación nova foi gañada en concurso por Setga que está a executar as obras a través da empresa local Gómez Viéitez.

A mellora no aforro enerxético previsto nesta actuación que ten como obxecto o 95% da xeografía municipal permite renovar 1.200 puntos de luz e contará cunha diminución no consumo que os técnicos fixan nun 70% de electricidade con respecto ás luminarias que viñan prestando o servizo no alumeado actual.

O investimento realizado tamén contempla a colocación de 23 novos e máis eficaces cadros de mando así como a reforma dountros 10 que permitirán tamén diminuir a potencia utilizada dos 3,19 kW actuais a 1,61 kW que disporá a nova instalación cun aforro enerxético moi importante.

En total, esta actuación contempla a instalación duns 7 quilómetros de cable eléctrico e uns 450 brazos de soporte das novas luminarias, ademais duns 20 proxectores instalados nas igrexas do municipio para mellorar o seu aspecto nocturno e favorecer o realce da súa beleza arquitectónica e patrimonial. Tamén se contempla a instalación de 9 novas farolas de última xeración na Praza de Moitementa que contribuirá a mellorar o aspecto e a humanización do enterno da igrexa parroquial.

No proxecto tamén se contempla a instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos, cando sexa necesario, e sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante preprogramación da luminaria.

Segundo o alcalde, Carlos Costa, “esta actuación permítenos dar un paso de xigante na modernización do alumeado público ao tempo que reducimos ao máximo a aportación de CO2 á atmósfera ao tempo que tamén diminuímos substancialmente o gasto en consumo eléctrico. Estamos comprobando que os novos puntos de luz aportan incluso maior luminosidade que os vellos ás zonas onde están ubicados o que están agradecendo os propios veciños e veciñas que ven nesta mellora un avance importante en seguridade vial e tamén en aforro enerxético”, indicou o rexedor.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas