Home Pontevedra Pardo urxe ao Concello a proceder ao arranxo dos cemiterios municipais e...

Pardo urxe ao Concello a proceder ao arranxo dos cemiterios municipais e á aprobación dun plan de conservación que garanta o seu estado durante todo o ano

- Anuncio -

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo defenderá este luns no Pleno municipal unha proposta para que o Concello arranxe e adecue os cemiterios municipais

Pardo solicita tamén o estudo dun posible incremento do persoal debido a “que evidentemente é insuficiente”: “Trátase de que os cemiterios luzan nun bo estado todos os días do ano, non só en datas especiais”

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo defenderá no Pleno municipal deste luns unha proposición na que insta ao Concello a proceder ao arranxo e acondicionamento integral dos cinco cemiterios municipais: San Mauro, Pontesampaio, Lourizán, Campañó e Bora. “O estado da maior parte deles é lamentable. A imaxe de sucidade e abandono que transmiten é inadmisible”, declarou a popular.

Entre outras medidas, Pardo solicita no documento: o asfaltado dos accesos ao Cementero de San Mauro pola Rúa do Campo Santo así como no interior do mesmo na parte da Capela de San Mamede; o arranxo de sumidoiros; a adecuación das rúas, coa súa correspondente roza, control da maleza e arranxo do firme, cubrindo as fochas existentes; o arranxo e mantemento das zonas axardinadas, fontes e mobiliario urbano coa súa correspondente reposición nos casos en que for necesario; sinalizar no Cemiterio de San Mauro a localización das tumbas dos personaxes relevantes da historia de Pontevedra; instalar unha adecuada sinalización das diferentes rúas dos cemiterios; adaptar e acondicionar os cuartos de baños nos cemiterios onde os haxa, en concreto o do cemiterio de san Mauro en pésimas condicións e non accesible..

“Os cemiterios, e en especial o de San Mauro, forman parte da historia de Pontevedra e das nosas xentes. É o lugar onde descansan persoas de todo tipo e condición e onde as familias poden atopar o confort tras a perdida dos seus seres queridos”, mantén Pardo na súa proposta. “A imaxe que transmiten os nosos cemiterios de deixamento, falta de mantemento e conservación, non é a máis desexable para Pontevedra nin para os pontevedreses”, recoñeceu Pardo.

E máis en detalle, a popular advirte de “un pésimo estado de conservación dalgúns deles: “Están sucios, cheos de maleza, con contedores rotos e atestados de lixo, con rúas intransitables nalgúns casos e noutros con verdín ou fochas que impiden unha adecuada circulación, con sumidoiros ateigados de auga… A todo iso súmase a insuficiencia de recursos humanos”.

“Mentres no resto das cidades fan dos seus cemiterios auténticos museos de arte nós deixamos no esquecemento aos nosos, cando temos unha marabilla arquitectónica como é o cemiterio municipal de San Mauro que data de 1879 e goza dunha gran riqueza arquitectónica. Non podemos consentir que os nosos cemiterios caian no esquecemento” finalizou Pardo.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas