Home Ourense O Concello instala novos contedores de pilas para fomentar a recollida selectiva...

O Concello instala novos contedores de pilas para fomentar a recollida selectiva na cidade

- Anuncio -

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecourense, reforza a rede de recollida pública de residuos de pilas coa instalación de 12 novos puntos de xestión.

O concelleiro Jorge Pumar, salienta que “con esta actuación aténdese a demanda dos veciños e refórzase a rede de máis de 70 puntos de recollida pública coa que conta a cidade.

As instalacións poderanse atopar nas principais rúas de tránsito peonil da cidade.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense iniciou esta mañá, en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza, Ecourense, a instalación de 12 novos puntos de recollida de pilas. Estarán emprazadas nas principais rúas da cidade, onde a densidade de paso peonil é máis alta, e substituirán os puntos de recollida dos mupis retirados polo Concello.

Jorge Pumar, concelleiro de Medio Ambiente, salienta que “con esta actuación aténdese a demanda dos veciños e refórzase a rede de máis de 70 puntos de recollida pública de pilas usadas coa que conta a cidade”. Ademais, lembra que a súa Concellería ten ao servizo de todos os veciños os puntos limpos fixos de Eiroás e de Santa Mariña, así coma o punto limpo móbil, “o primeiro de Galicia posto en servizo”, e que oferta o servizo de recollida de pilas, entre outros residuos, en todos os barrios da cidade.

Os novos contedores, modelo Toxy, teñen unha capacidade de recollida de 30 litros. Este contedor está fabricado en polietileno de alta densidade, un material que ofrece unha grande resistencia aos golpes, ás posibles roturas e ás agresións atmosféricas. O modelo instálase sobre poste ou báculo, con dúas aberturas: unha para pilas convencionais e a outra para pilas de botón.

Os emprazamentos destas novas instalacións para a recollida de pilas son:

Rúa Doutor Fléming

Rúa Ervedelo

Rúa Francisco de Moure (Praza do Couto)

Rúa Coruña con Avenida de Zamora,

Estrada da Granxa, 74,

Rúa Concordia con rúa do Paseo,

Rúa Parque de San Lázaro,

Avenida de Bos Aires (Praza das Mercedes)

Rúa Cardeal Quevedo con Avenida da Habana

Rúa As Lagoas, 7

Rúa Vicente Risco, 6

Avenida de Santiago con Río Arnoia

Estes puntos de recollida selectiva súmanse á oferta xa establecida na cidade, tanto en centros físicos -edificios oficiais municipais, colexios…- ou puntos limpos da cidade, ademais do servizo de recollida de pilas que oferta o punto limpo móbil.

Jorge Pumar lembra que “unha pila usada que acabe nos nosos ríos ou nos nosos montes poden tardar en degradarse máis de 100 anos, provocando fortes episodios de contaminación”. É por iso que nos convida “a reciclar pensando no noso benestar e no dos nosos fillos”.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas