Home Pontevedra O Condado Ponteareas homenaxea ao seu músico Reveriano Soutullo

Ponteareas homenaxea ao seu músico Reveriano Soutullo

- Anuncio -

O Concello organiza este domingo ás 18.00 horas un concerto na honra do compositor no Auditorio Municipal

O compositor Reveriano Soutullo é unha das figuras máis importantes na historia da música de Ponteareas. Foi un dos músicos máis influíntes e importantes de principios do século pasado e a súa pegada pódese notar nas novas melodías que nacen na vila do Tea. Por todo isto, a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, organiza este domingo unha xornada homenaxe a Reveriano Soutullo. Comezará ás 17.00 horas cunha ofrenda floral nos xardíns da Xiralda e ás 18.00 horas a Banda Xuvenil de Xinzo musicará as obras do compositor nun concerto no Auditorio Municipal.

O edil de Cultura anima a toda a veciñanza “a asistir a unha homenaxe que pon en valor a figura de Reveriano Soutullo, un compositor imprescindíbel para a música de Ponteareas”. Lembra que esta xornada xa estaba pensada para o ano pasado con motivo dos 40 anos do seu falecemento, pero que se aprazou por causa da pandemia, e que é a segunda homenaxe que recibe despois que en 2019 festexárase os 90 anos do pasodobre de Ponteareas. Ademais Fernando Groba quere agradecer á Banda Xuvenil de Xinzo que se comprometera con este acto e está seguro que “darán un concerto fantástico”. A entrada será de balde ata completar aforo.

Reveriano Soutullo naceu en Ponteareas fai 141 anos, no 1.880. Deu os seus primeiros pasos na música moi pequeno, xa que o seu pai era o director da Banda de Redondela. Rapidamente mostrou un gran talento musical que puliu co director da Banda de Ponteareas, Segundo Fernández. Aos catorces anos xa dirixía o Orfeón de Tui e aos vinte múdase a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio madrileño de harmonía e cornetín. Alí, malia uns inicios difíciles nos que se gañaba a vida co seu cornetín, a súa carreira despegou ata converterse nun dos músicos máis influentes da época.

Na súa grande obra o compositor sempre gardou unha gran relación coa música tradicional do país e aportou vairas creacións propias e instrumentacións do repertorio internacional en certames de bandas de música e orfeóns de Galicia. Todo esta traxectoria exemplificase nunha das súas cancións máis coñecidas: “Pasodobre de Ponteareas”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas