Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu comeza dous cursos de iniciación á lingua de...

O concello de Bueu comeza dous cursos de iniciación á lingua de signos para a cidadanía

- Anuncio -

• Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, participou este martes na inauguración dos cursos, nos que participan una trintena de persoas divididas en dúas quendas

• A formación, que consta de 30 horas, é impartida polo persoal da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia XOGA

O Concello de Bueu comezou este martes os cursos de iniciación á lingua de signos, cunha trintena de participantes que aprenderán nocións básicas para comunicarse con persoas que padecen algunha discapacidade relacionada coa diversidade sensorial. Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, asistiu ao arranque destas formacións, que teñen lugar os martes e xoves en dúas quendas, e salientou que “é importante que as persoas poidamos expresarnos na sociedade e que toda a cidadanía coñeza a diversidade sensorial na súa amplitude”.

Esta formación, que consta de 30 horas, será impartida ata decembro por persoal da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia XOGA na sala de usos múltiples do Departamento de Benestar Social. Dado o elevado número de persoas inscritas, o Concello xa ten programada unha segunda edición que se celebrará entre finais deste ano e comezos do que vén.

Esta actividade englóbase no marco dun proxecto de fomento da accesibilidade e a inclusión, e inclúe accións tanto formativas como de concienciación. Por iso, ademais do curso para a cidadanía, tamén esta semana o persoal municipal comezou unha formación coa que se pretende seguir avanzando para a consecución dunha administración máis accesible.

O Concello de Bueu ten en marcha este ano un programa de mellora da accesibilidade e da inclusión en diversos ámbitos, e xa en xuño se puxeron en marcha as primeiras xornadas sobre diversidade sensorial, organizadas xunto a XOGA.

Xoga, apostando pola diversidade
Xoga é unha entidade de iniciativa social nacida no 1990, sen ánimo de lucro que vela polos intereses das persoas con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordocegueira), das súas familias e profesionais en tódolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución para ofertar unha serie de servizos e actividades inclusivas ás persoas con diversidade sensorial da Galiza.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas